O teu novo bookfluencer ⭐
en galego

Benvidx a este perfil onde comparto lecturas, reflexións e pequenas doses de creatividade. Con amor e cariño, todo en galego

Non sei de moitas cousas, pero algo sei sobre min...

Detrás de Raulillo de Bolsillo atópase Raúl Salgueiro (Meaño, 2002). Graduado en Xornalismo segundo un título da Universidade de Santiago de Compostela.  Entre as miñas afeccións está a lectura e a escritura, que completan, dalgún xeito, a miña paixón pola cultura. Falo moito, sempre en galego, pero tamén cultivo unha escoita activa para coñecer unha pluralidade de voces. 

Realicei traballos como axudante de redacción de programas para a Televisión de Galicia como ‘Carballeira’, ‘En vivo e en directo’ ou ‘SuperBamboleo’. Ademais, escribo en proxectos como a publicación autoxestionada ‘Domingo das Mozas’ e fun o impulsor do primeiro (e único) Club de Lectura da Facultade de Comunicación (USC).

Despois, co tempo restante gústame idear proxectos nos que xunto a vocación e a afección. ‘A Vozes, cultura zeta con identidade’ é o meu último proxecto en redes sociais que, recentemente, recibiu a IX Bolsa Nacho Mirás.

Na actualidade, aprazo a entrada no ámbito laboral e sigo formándome a través do  Máster de Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais (UVigo).

Proxectos...

Scroll ao inicio
Raulillo de Bolsillo
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.